Cal é a filosofía de As Pontes enPEZAS?

 

A arte pública e a arte urbana están cada vez máis presentes nas vilas e cidades do mundo enteiro e, polo tanto, na rutina diaria das persoas que recorren as súas rúas, sendo unha realidade difícil de evadir. Baixo a denominación de “arte urbana” agrúpanse multitude de técnicas artísticas que teñen como marco o espazo urbano e que, a pesar da súa aparente heteroxeneidade, todas elas son quen de transformar o entorno a través das súas intervencións.

A arte pública, sen embargo, procura que estas intervencións non se reduzan unicamente á realización de obras artísticas, senón que transcendan máis aló contando coa implicación da poboación local pero tamén tendo en consideración as singularidades e particularidades do contexto, así como a realidade social e cultural do entorno. Polo tanto, a arte pública está pensada como un xeito de implicar á poboación no proceso de transformación do espazo público, ao mesmo tempo que se fomentan habilidades artísticas e creativas entre a comunidade.

En definitiva, As Pontes enPEZAS quere facerse un lugar baixo a denominación de “arte pública”, xa que procura ser unha ferramenta de cambio social pero sempre da man da poboación e non ás súas costas, isto é tendo en conta as súas particularidades, ritmos e modos de vida.

 

…transformación e mellora do medio urbano da man da poboación e do contexto…

 

A %d blogueros les gusta esto:
Saltar para a barra de ferramentas