Que PEZAS artísticas teñen cabida?

 

As Pontes enPEZAS encádrase dentro do movemento de arte pública e no seu propio nome dá conta do seu carácter multidisciplinar e inclusivo, xa que o propio termo “PEZA” ten unha alta significación no ámbito artístico, pois ao falar de PEZAS podemos estar facendo referencia a pezas pictóricas, pezas escultóricas, pezas musicais e pezas teatrais, entre outras moitas. Así mesmo, o seu aberto carácter multidisciplinar dá cabida a multitude de expresións artísticas: graffiti, yarnbombing, alfombrismo, stencil, mosaicos, man hole, etc.

Pero, o que é máis, o nome As Pontes enPEZAS tamén fai alusión a cada unha das partes ou elementos que conforman un conxunto maior, sendo cada pequena PEZA de vital importancia para construír a obra colectiva de As Pontes enPEZAS.

 

…PEZA a PEZA vamos dando forma á nosa obra colectiva…

 

A %d blogueros les gusta esto:
Saltar para a barra de ferramentas