Que é As Pontes enPEZAS?

 

As Pontes enPEZAS é un proxecto de participación e arte pública que ten lugar no concello de As Pontes de García Rodríguez, e que busca a transformación ambiental da vila a través do emprego de diversas técnicas artísticas sobre entornos, equipamentos e espazos públicos que están infrautilizados, degradados ou abandonados, co fin de acadar un progresivo embelecemento e revalorización de ditos espazos.

Esta transformación ambiental do entorno urbano sustentarase en dous piares fundamentais: por unha banda, na intervención directa de profesionais e artistas; e pola outra banda, na implicación e participación da poboación (veciñanza, comunidade escolar, entidades e asociacións).

 

…proxecto de participación e arte pública…

 

A %d blogueros les gusta esto:
Saltar para a barra de ferramentas